Ames porá en valor cunha feira a labor do voluntariado

0

Ames, 21 de maio do 2021 – O concello de Ames organizará unha Feira do Voluntariado na que participarán, os vndeiros 28 e 29 de maio, catro concellos e vintecatro entidades distintas.

A I Feira do Voluntariado de Ames celebrarase no Pazo da Peregrina. No programa inclúense relatorios, obradoiros exposicións e actuacións musicais.

O evento está organizado pola concellaría de Benestar a través da Oficiña de Voluntariado de Ames, OVA. No encontro participarán tamén as correspondentes oficiñas dos Concellos de Brión, Negreira e Vedra. Durante toda a feira poderá visitarse a exposición “Ames Coopera” e recolleranse bicicletas usadas para enviar a África.

As entidades participantes amosarán os seus proxectos e calquera que o desexe poderá obter información para facerse voluntario/a e colaborar en calquera dos múltiples programas que se dan a coñecer no evento. Para participar das actividades e os concertos o único requisito que se esixe é a doazón de alimentos non perecedoiros. Haberá servizo de autobús de balde desde o Milladoiro e desde as parroquias. Para poder utilizalo é necesario reservar praza nos teléfonos 662 377 302 e 683 327 375.

A I Feira do Voluntariado de Ames inaugurarase na tarde do venres, 28 de maio, ás 17:00  horas, co acto de recepción e benvida ás entidades participantes e unha mesa redonda na que Ames, Brión, Negreira e Padrón, debaterán sobre “O voluntariado municipal, participar para transformar”.

Na solaina e nos xardíns do pazo colocaranse 20 carpas onde as distintas entidades participantes amosarán os seus proxectos, ofrecerán información do que significa e que trámites hai que seguir para facerse voluntario/a e realizarán obradoiros e actividades para todas as idades.

Como xa acontecera coa Feira da Saúde organizada polo mesmo departamento, a Feira do Voluntariado de Ames ofrecerá un continúo de relatorios durante toda a xornada do sábado. Cómpre salientar os concertos cos que rematarán as dúas xornadas. O venres a cantautora arzuá M.J Pérez e o sábado os amesáns Arévalo e Giannetto Rock Soul.

Para a concelleira de Benestar e Igualdade, Luísa Feijóo, a importancia do voluntariado fíxose máis visible este ano “A crise sanitaria, social e económica provocada pola COVID-19 puxo de manifesto mais que nunca a necesidade e a importancia do voluntariado, dese traballo, ese tempo, ese coñecemento e esa formación que homes e mulleres poñen a dispor dos mais vulnerables para conseguir unha sociedade mais xusta”. Feijóo insiste en que “non é necesario facer grandes cousas, nin irse lonxe para elo, o importante é facer , participar”. A concelleira convida a toda a veciñanza a achegarse “para coñecer as asociacións e ONGS participantes e o seu labor e para participar das diferentes actividades, obradoiros e faladoiros que terán lugar nesta Feira”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial