Ames presenta a nova Escola de Teatro Municipal

0

Ames, 9 de setembro do 2021 – Ames presentou este mércores a nova Escola de Teatro Municipal, unha iniciativa que conta cun orzamento de máis de 32.000 euros anuais.

Na presentación participaron a Concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, María Vázquez, técnica de Cultura, Artur Trillo, Director de Talía Teatro, empresa adxudicataria do contrato, María Ordóñez, docente da Escola Municipal de Teatro e Diego Rey, Coordinador da Escola de Teatro.

O prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 19 de setembro e débese realizar a inscrición a través da plataforma Cronos. As clases comezarán o 1 de outubro de 2021 e rematarán o 30 de xuño de 2022.

A nova Escola de Teatro impartirá unha actividade de teatro infantil e xogo dramático, tres clases en Bertamiráns os martes e outras tres no Milladoiro, os mércores. Cada sesión, nun horario diferente, está dirixida a un grupo de idade concreta: de 3 a 6 anos, de 6 a 12, e outra para maiores de 12 anos. No Milladoiro tamén se organizará un grupo municipal para maiores de 18 anos. En cada un das 7 actividades haberá 12 prazas dispoñibles. En función da normativa das medidas esixinte en cada momento, a distribución destas doce persoas poderá variar.

Natividade González comezou a presentación indicando que: “A Escola Municipal de Teatro nace cunha imaxe renovada e cunha nova dirección artística e técnica e, sobre todo, cunha gran ilusión depositada, así como cunha forte aposta por esta disciplina artística”.  González engadiu que “Coa Escola de Teatro buscamos facilitar, desde as administracións, un espazo cultural e educativo coa finalidade de fomentar a creatividade, de xerar empatía, desenvolver habilidades psicomotrices e mellorar a axilidade mental”.

Artur Trillo, Director de Talía Teatro,  explicou que: “Para nós é un pracer retomar a actividade no Concello de Ames que xa, de maneira indirecta, viñamos desenvolvendo dende fai anos. É un orgullo porque a actividade que facemos nós, aínda que maiormente son espectáculos, nos últimos anos tamén temos unha vertente que é a formación de teatro aficionado en diferentes concellos. Nesta nova etapa, que xa somos nos a empresa encargada, a relación vai ser moito máis fluída co Concello de Ames sen intermediarios”.

Prezos públicos da Escola de Teatro

Menores de 18 anos……………………………………………………………..40 €

2º membro menor de 18 anos…………………………………………20 €

3º e restantes membros menores de 18 anos……..10 €

Maiores de 18 anos……………………………………………………………….50 €

En casos excepcionais, por resolución do órgano competente e previo informe dos Servizos Sociais, poderase acordar a exención total/parcial das tarifas.

Talía Teatro

A compañía Talía teatro, dirixida por Artur Trillo, é a empresa que desenvolverá a actividade da Escola de Teatro incluíndo labores de dirección, coordinación e docencia. Ademais, os pregos de licitación recollen a obriga de preparar e representar un ou varios espectáculos de teatro co grupo ou grupos que se constitúan no seo desta Escola, a supervisión técnica e o mantemento do equipamento técnico dos auditorios de Bertamiráns e do Milladoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial