Ames presenta a programación cultural de outono

0

Ames, 14 de outubro do 2021 – Máis de 60 actividades que implican a tres departamentos conforman a programación de outono do concello de Ames.

Unha axenda de actividades para este outono que foi presentada polo alcalde, Blas García, a concelleira de Cultura, Natividade González e o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Lens. Todos puxeron en valor o traballo de colaboración entre os departamentos e a posibilidade chegar ao 90% do aforo en moitos dos eventos.

Teatro, cine, maxia, saídas ambientais, actividades para mocidades, actividades de animación á lectura e encontros literarios son ás áreas nas que se desenvolve o programa. Destacan o Festival de Maxia, o Cinema Miúdo, as celebración do mes da Ciencia e do mes contra as Violencias de Xénero, os programas Troulenado, Youtubeiras, SexualizArte, as proxeccións de cine para adultos, a Feira de Outono que se celebrará por primeira vez no Concello e unha acampada para que os rapaces e rapazas coñezan o monte en outono.

Consulta en este enlace toda a programación de Outono de Ames

A concelleira de Cultura, Natividade González mostrábase “Satisfeita e orgullosa da programación sobre todo pola sensación de que se volve a normalidade”. González celebrou a amplitude do aforo “que nos permitirá estar ao 90% en moitas actividades”, a recuperación de algúns programas que por mor da pandemia no se puideron celebrar o ano pasado “como o caso de Cinema Miúdo”, a consolidación doutros “como o Festival da Maxia ou o Programa de Encontros Literarios”.

Pola súa banda, o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Lens, fixo fincapé no especial que é o outono para o seu departamento: “Programamos saídas ambientais, saídas para buscar cogomelos, e cursos de poda, tan necesarios nesta época do ano”. Lens salientou que “este ano temos a gran novidade de que por primeira vez imos celebrar unha Feira de Outono para potenciar os produtos do rural  feira de outono que levaremos a cabo en Agrón e unha acampada de outono para que a rapazada coñeza o monte”

Rematou á presentación o alcalde de ames, Blas García destacando o elevado número de actividades, a planificación e a diversidade: “Hai actividades de cultura, de mocidade, de Promoción Económica, da Aula da Natureza, de Normalización… destinadas a todas as veciñas e veciños que queiran saír da casa e que queiran empezar a vivir con normalidade a situación na que estamos e que esperemos que dure, iso si cumprindo as normas que están vixentes e que en breve, na próxima semana nos situarán na saída da crise sanitaria”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial