Ames, 18 de xuño do 2021 – O concello de Ames presentou este xoves a programación de verán baixo o lema “Refréscate con Ames” e que comeza hoxe mesmo.
“Refréscate en Ames” é o resultado dunha colaboración transversal que implica ás concellarías de cultura e comercio. O nome xoga co concepto de refrescarse en verán pero tamén co informático de reiniciar, buscando un novo comezo tras a etapa de pandemia.
Na programación implícanse tamén departamentos como a Aula Informática, Deportes, Normalización Lingüística, as Bibliotecas, Mocidade, Promoción Económica, Benestar Social, Servizos Sociais e a Aula da Natureza, traballaron conxuntamente para ofrecer máis de 50 actividades: concertos, excursión, monólogos, obradoiros e actividades deportivas, entre outras moias actividades para todas as idades.
Na presentación participaron o alcalde, Blas García, a concelleira de Cultura, Natividade García, e a de Promoción Económica, Ana Belén Paz. As actividades comezan hoxe venres co festival SolporSon. No campo da festa de Biduído actuarán, dende as 21.30 horas actuarán os grupos SonDaRúa, Verto e o grupo local de Ames Triska, que ensaian na Factoría. Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Concellaría de Mocidade. Os convites xa están agotados.
Para despedir a programación de verán, levarase a cabo a Noite de Estrelas, no alto do San Marcos. Esta actividade, organizada pola Aula da natureza e dirixida a todos os públicos, celebrarase o venres 27 de agosto, dende as 20.00 horas ata as 24.00 horas.
Podes consultar máis información sobre a programación de verán de 2021 no seguinte enlace.