Ames recupera a atención telefónica para as persoas en risco vulnerabilidade ou confinamento

0

Ames, 22 de xaneiro do 2021 – O concello de Ames reactiva a campaña “É hora de sumar” para axudar ás persoas maiores ou en situación de vulnerabilidade que vivan soas.

Imaxen de Sabine van Erp en Pixabay 

A Oficina de Voluntariado, dependente da concellaría de Benestar Social, reactiva este servizo polas consecuencias que está a provocar a pandemia. O servizo pretende axudar ás persoas maiores ou en situación de vulnerabilidade que vivan soas, ou persoas que teñan que gardar confinamento .

Calquera que precise do servizo ou que coñeza a alguén nesta situación pode chamar aos teléfonos 981 535 941 / 981 890 964 / 662 377 044, en horario de 9:00h ás 14:00 horas, ou escribindo por correo electrónico a voluntariado@concellodeames.gal.

A campaña “É hora de sumar” pretende cubrir as necesidades básicas, tanto de atención persoal coma de produtos de primeira necesidade como a compra de alimentos ou mediciñas.

Transporte adaptado

Dende a Oficina de Voluntariado infórmase de que o servizo de transporte adaptado municipal segue a funcionar de luns a venres, desde as 8:00 da mañá ata as 19:00 horas da tarde, para realizar todos os desprazamentos de persoas con dificultade de mobilidade: traslados a centros asistenciais e hospitalarios, rehabilitación, perruquería, realización de compras, realización de actos administrativos…

Para solicitar o servizo de transporte adaptado e/ou ter máis información, chamar ao número de teléfono 900 204 000 ou enviar un correo electrónico á dirección voluntariado@concellodeames.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial