Ames suma 13 positivos máis tras a fin de semana

0

Bisbarra, 6 de outubro do 2020 – Pese a que a o número de casos na Área Sanitaria Santiago Barbanza descende nos últimos días, Ames crece en 13 positivos na fin de semana.

A Consellería informaba o sábado de que na Área se contabilizaban 547 positivos, que descendían a 530 o domingo e a 528 onte luns. En Ames o venres dábase unha cifra de 63 casos que onte luns pasaba a ser de 76.

Desde o concello de Ames especifican que comezan a contarse xa os casos detectados polas máis de 3.000 probas PCR que leva a cabo a Consellería. A prioridade é frear a evolución do virus e localizar aos posibles casos asintomáticos. Lémbrase que seguen activas as restricións aprobadas pola Xunta de Galicia o pasado 23 de setembroe que afectan a todo o núcleo do Milladoiro.

Boa evolución no resto

En xeral a evolución é boa no resto da bisbarra con algún repunte en concellos como Rianxo ou Boiro. Ordes informa de un só positivo en illamento domiciliario e outro ingresado no hospital. Frades comunica que se lle dou a alta ao único positivo que tiña nas últimas semanas. Finalmente na Barcala Negreira informa de 12 casos activos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial