Ames súmase á moda dos auto cines

0

Ames, 13 de novembro do 2020 – O concello de Ames súmase á moda dos auto cines e organizará no aparcamento da Telleira, en Bertamiráns, o Ames Drive Cinema.

O auto cine de Ames terá sesións diferenciadas, de tarde e noite, para nenos e adultos. As películas, que se proxectarán os días 20, 21 e 22 de este mes, buscarán tamén a concienciación social sobre distintos temas.

Ao vello estilo

O auto cine tentará distinguirse volve ao estilo dos anos 50 e 60 nos Estados Unidos. Contará cunha entrada iluminada, persoal de acomodo que dará información e facilitará o estacionamento a cada vehículo, un punto de rexistro onde se entregará a información relativa á emisora a seleccionar para escoitar a película, unha pantalla xigante, nesta ocasión de led, e ambientación entre pase e pase.

O recinto estará perimetrado e os espazos para acoller a cada un dos vehículos numerados. Haberá carrís de entrada e saída e separación entre postos. En cada vehículo só poderán estar persoas conviventes.

Programación

O venres 20 de novembro proxectaranse as películas “O que arde” de Oliver Laxe en sesión de tarde e “Bohemian Rapsody”, a historia do grupo Queen e do seu cantante Fredy Mercury, en sesión de noite.

 

Para o sábado, 21, as sesións estarán orientadas a Igualdade e a violencia de xénero; na sesión infantil da tarde proxectarase “Brave”, a historia da empoderada guerreira Mérida que rompe con algúns dos ancestrais costumes machistas do seu pobo, e “Los hombres que no amaban a las mujeres”, baseada no primeiro libro da trioloxía “Millenium” do escritor sueco Stieg Larsson, un filme que evidencia do xeito máis cru as condutas de violencia machista.

 

Con Maléfica, a historia dunha bela fada protectora do seu reino até que unha traición endurece o seu corazón, e “Mientras dure la guerra”, o film de Amenabar que narra os días nos que Miguel de Unamuno foi destituído do seu cargo de rector na Universidade de Salamanca rematarán as sesións de autocine.

 

O venres e o sábado, as películas proxectaranse as 18:00 e as 20:30. O domingo a proxección da sesión infantil adiántase ás 17:30, mentres que a de adultos mantense ás 20:00.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial