AmesON programa 14 actuacións musicais en Ames ata o mes de setembro

0

Ames, 10 de xuño do 2021 – O concello de Ames dinamizará musicalmente os próximos meses organizando 14 actuacións musicais dentro do programa Ames ON.

Trátase dunha colaboración das concellarías de Cultura e Comercio para os meses de xullo, agosto e setembro. AmesON contou na preparación do evento con moitos artistas que viven no concello e que serán os protagonistas de varias das citas.

O Concello de Ames presentou a programación coa presencia da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e o alcalde, Blas García. Tamén interviron José Antonio Blas Piñón, director xerente da Orquesta París de Noia e Marcos Varcácel, compoñente da orquesta e veciño de Ames.

José Antonio Blas Piñón, director xerente da Orquesta París de Noia, explicou que “A maior parte de compoñentes que temos na orquestra, son veciños de Ames. Quero agradecer poder ser o colofón deste programa de música, non vos imos defraudar. Este ano estamos preparando o espectáculo “A xira do camiño”, que esta pensado para toda familias. Dende os mas maiores ata os máis pequenos, poderán desfrutar. Imos adicar 15 minutos a cancións infantís de Disney e Xabarín Club. Haberá música galega, folk, latina… para todos os gustos”.

Blas García, alcalde de Ames asegurou que: “Aínda que organizamos todas estas actividades pensando na veciñanza, tamén as enfocamos, e máis nesta situación, para que podas reactivar un pouco o comercio e a hostelería. Ademais, pretendemos axudar a un sector tan prexudicado como é o da verbena e da orquesta. Ames é un lugar onde viven moitas persoas vinculadas coa orquesta. Para nós é un pracer colaborar con eles, ademais de ser unha necesidade”.

Programación

AmesON comezará o sábado 19 de xuño coa actuación de Sond de Caracas, na Praza de Manuel Murguía no Milladoiro. O venres 25 de xuño, o Parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá ao grupo Os Piñeiros Band.

Xullo

A programación de xullo comeza o venres 9 con The Goonies, no Milladoiro. O sábado 17 levarase a cabo a primeira edición da Festa Latina que homenaxeará Cuba. Celebrarase no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns,

Ellas Son actuará no Milladoiro o venres 23 e Samco, o xoves 29. Ambas actuacións serán na Praza de Manuel Murgía.

O sábado 31 de xullo, na Praza da Madalena, Xosé Costela Grupo pechará os eventos do mes.

Agosto

O domingo 1, o grupo Son de Tres, estará no Milladoiro e, o mércores 4, Nerea&Chocolate, en Bertamiráns.

O xoves 5, en Bertamiráns, celebrarase a Fase Festa con Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz.

Aires de Orino estará o domingo 8 e Virtual Projet, o sábado 28, no Parque do Aemeneiral.

Setembro

O último mes do AmesOn péchase coa actuación da Orquesta París de Noia, que este ano introduce no seu espectáculo 15 minutos de cancións infantís. Ademais, recordará a cantantes de todos os estilos musicais para todos o gusto e idades. Como teleneiros, actuarán os gañadores da primeira edición do concurso de karaoke “Canta con Ames”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial