Ampliación e mellora dos vestiarios do campo de fútbol de Abellá en Frades

0

Frades, 21 de outubro do 2021 – Xunta e Concello de Frades veñen de investir 50.000 euros na reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Abellá .

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou as instalacións do campo de fútbol do Vedral (Abellá), acompañado polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez; o xefe provincial de Deportes, Roberto García; os concelleiros de Xuventude e Obras, Juan Carlos Portos e Manuel Ferreiro; e José Lagares, director da empresa adxudicataria da obra.

Roberto Rey explicou que “os vestiarios, ademais de ser algo escasos, tiñan filtracións de auga polas cubertas e non eran evacuadas correctamente cara as rexillas existentes no chan. Agora colocouse unha cuberta de panel sandwich e impermeabilizouse a zona, ademais de demoler un muro de formigón para poder ampliar os vestiarios e crear unha nova zona para lavandería”.

Pola súa banda, o mandatario galego destacou a importancia do deporte e nomeadamente do fútbol no Concello de Frades que conta con dous equipos como o San Estevo de Abellá, que xoga no Vedral, e a S.D. Pontecarreira. Así mesmo, fixo fincapé no feito de que o San Estevo conta con equipo feminino desde hai varias tempadas e que actualmente compite na 2ª división galega.

En concreto, os traballos levados a cabo consistiron na demolición de carpinterías e muros previos para a construción de novos muros que serviron de peche da ampliación do vestiario e da nova zona de lavandería, onde se colocaron portas de acceso tanto desde o interior como desde o exterior dos vestiarios. Ampliouse tamén a rede eléctrica e colocouse unha baixante para recoller as augas pluviais. As cubertas foron cambiadas por outras de panel sandwich impermeabilizadas. Finalmente procedeuse ao pintado dos vestiarios e á colocación de bancos e percheiros.

A Secretaría Xeral para o Deporte afianza así o seu compromiso coas infraestruturas deportivas. Dos 32.474.216 euros cos que conta en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial