A ANPA do Colexio de Ventín denuncia novos erros nos rastrexos de positivos

0

Ames, 11 de novembro do 2020 – Ao igual que sucedera hai un mes a ANPA do Colexio de Ventín, en Ames, denuncia erros a hora de comunicar e rastrexar un positivo por Covid.

Esta pasada noite, no seu perfil de Facebook, a ANPA de Ventín denunciaba un novo caso no que a notificación dun positivo aos contactos estreitos chega con 2 días de retraso, desde que o Colexio o comunica a Sanidade. Os representantes dos país desvelan ademais que algúns dos contactos estreitos non foron informados.

Falta de probas

Según o relato da ANPA o positivo deuse nun mesa de comedor na que están cinco alumnos. Según as familias soamente se puxeron en contacto con algúns dos alumnos que comparten a mesma mesa, non con todos, e tampouco co resto da aula á que pertencen.  

A ANPA o resumen así “dos 5 alumnos que compartiron mesa no comedor co contacto positivo soamente a 2 lle fixeron probas e están corentenados durante 10 días (ata o 14 de novembro)  e o resto seguiron facendo vida normal indo o colexio e o comedor como se nada houbese pasado, dándose o caso que a un deles o chamou un rastexador o domingo día 8 para informarlle que acababa unha corentena que nunca comezou, dato que tampouco nos concorda xa que non se cumprirían nin o mínimo de 10 días dende a notificación do positivo”.

Estimadas familias,

Onte tivemos coñecemento que, de novo, ante o seguimento dun caso covid, notificado o día 2 de…

Publicada por Anpa Ventin en Martes, 10 de noviembre de 2020

Escritos ás administracións

O colectivo de pais pediu explicacións “por escrito e vía rexistro a todas as autoridades que consideramos que poden ser competentes na materia, unha vez mais”. Engaden que a petición de explicacións dos casos sucedidos en outubro aínda non foron respostadas.

A ANPA lembra que “con esta e a terceira vez que pedimos explicacións por todos estes fallos que xa non son puntuais nin excepcionais, porque vemos que se repiten en cada un dos casos que foron reportados”.

Si queres recibir cada día as nosas novas no teu correo electrónico suscríbete! https://lindeiros.gal/suscribete/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial