Antonio de Ron Pedreira, Delgado do CSIC en Galicia

0

O CSIC leva en Galicia 35 anos. En marzo do 2019 Antonio de Ron Pedreira sustituiu no cargo de Delegado a Eduardo Pardo de Guevara que desempañaba o cargo desde o 2012. O novo responsable tivo un ano para adaptarse ao posto antes de que todo cambiara.

Antonio de Ron é Doctor en Bioloxía pola USC. Profesor de investigación na Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra). Autor de 66 artigos científicos e investigador principal de 35 proxectos competitivos y contratos de investigación na súa especialidade. Comezamos falando do traballo que fai como Delegado e do ano que tivo para adaptarse

de Ron mantén o traballo na Misión Biolóxica xa que segue sendo responsable de varios traballos de doutoramento polo que non puido votar moito de menos o seu antigo posto. Explica que o seu cargo é temporal e se contempla contabilizar a representación con continuar coa labor de investigación

Un home máis científico como Antonio de Ron sustituiu a un máis humanista como Pardo de Guevara. Non é un cambio de tendencia no traballo do CSIC xa que como nos conta polo cargo pasaron ao longo dos anos profesores de todos os departamentos

A pandemia motivou a creación dunha plataforma de investigación específica, en ela o CSIC pon todo o seu coñecemento ao servizo da resolución da crise sanitaria. A parte positiva é que se conseguiron recadar millóns de euros en donacións, algo que, como conta o Delegado, non é moi habitual no noso país

A crise sanitaria, como nos contan todos os alcaldes, fixo que a poboación volvera a súa mirada cara o rural. De Ron cóntanos que é algo que xa se estaba producindo; na anterior crise económico moitos viron na venda de produtos agrícolas unha saída, agora esa tendencia confirmouse

Rematamos falando do papel do CSIC na sociedade. Máis alá da investigación que xera coñecemento está a labor de divulgación. Un traballo que se fai en moitos ámbitos, un dos principais o dos colexios

Aínda que a Delegación do CSIC ten 33 anos a presenza do organismo en Galicia cumprirá no 2021 cen anos. Antonio de Ron terá que resolver o aniversario nun contexto nunca imaxinado pero o CSIC está acostumado a sobrevivir. En 1907 creábase a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas presidida por Santiago Ramón y Cajal, que no 1921 chegaría a Galicia; era herdeira da Institución Libre de Enseñanza. En 1939, tras a guerra civil, a Junta era desmantelada pero os seus centros pasaban a depender do CSIC, recen creado. Todo ese viaxe é o que levou a que hoxe sexa unha das mellores ferramentas de investigación que temos na Galicia. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial