Apoio aso traballadores da planta de Lousame

0

Bisbarra, 17 de setembro do 2021 – Representantes do BNG explicitaron hoxe o seu apoio á planta de reciclaxe de residuos de Lousame e aos seus traballadores.

Deputados nacionalistas e concelleiros dos municipios que integran, ou traballan, coa Mancomunidade Serra do Barbanza deron unha rolda de prensa para explicar a súa postura sobre a planta de Lousame.

David Santomil é o voceiro do Bloque en Ames, un dos concellos nos que os traballadores de Lousame recollen o lixo

A planta de Lousame nunca chegou a ter unha estabilidade na xestión, unha das queixas dos traballadores como contamos no seu día. Santomil explica que un dos motivos é a presidencia rotatoria da Mancomunidade polo que reclaman un organo de xestión permanente

Desde o BNG reclámase a volta a os orixes da planta. Buscar un modelo descentralizado de tratamento do lixo que sexa máis sostible, en contraposición co modelo Sogama, e que ademais poida xerar emprego local

O Bloque Nacionalista galego ten a intención de levar este tema ao Parlamento para instar á Xunta á colaboración con este modelo e garantir os postos de traballo máis alá do 2023.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial