Aprobadas as bases da venda ambulante en Compostela

0

Compostela, 12 de maio do 2021 – A Xunta de Goberno de Compostela aprobou as bases que regularán a venda ambulante, anual e de tempada, en Compostela.

O regulamento establece as ubicacións na vía pública, o números de postos así como as datas e horarios de venda. A aprobación permitirá iniciar o procedemento para conceder autorizacións de venda ambulante en Compostela.

No caso da venda de artesanía a norma establece 33 postos, distribuídos en Praza da Inmaculada (17), Praza Salvador Parga (7), Praza San Clemente (8), e Praza Fonseca (1 posto de fotógrafo).

Establecese un sistema de rotación semana dos postos, excepto o fotógrafo. En canto as datas e horarios da actividade, poderase exercer desde as 09:00 h. ata as 21:00 h., diariamente, no período comprendido entre o 10 de xuño e o 30 de setembro.

Por outra banda a venda ambulante de tempada en Compostela regulará  a actividade dos postos de xeados, castañas e recordos. Poderán instalarse en Porta Faxeira, Praza do Toural, Cantón do Toural, Praza de Cervantes, Praza da Inmaculada, Alameda, Praza Roxa, Hórreo, Xoán XXIII e Dársena de Xoán XXIII.

Os postos de xeados e castañas poderán instalarse, un por emprazamento, en Porta Faxeira, na Praza do Toural, no Cantón do Toural, na Praza de Cervantes, na Alameda, na Praza Roxa, e no Hórreo. E os de recordos ou souvenirs: catro postos en Xoan XXIII, un posto na dársena de Xoan XXIII, e seis postos na Praza da Inmaculada.

Establecerase tamén un sistema de rotación nas diferentes ubicacións. A actividade poderá exercerse desde as 09:00 h. ata as 21:00 h., diariamente.

Os postos de tempada de castañas poden exercer a súa actividade entre o 1 de novembro e o 31 de marzo. Os de tempada de xeados, do 1 de abril ao 31 de outubro. E os postos de recordos, do 15 de marzo ao 31 de outubro.

A normativa de Compostela desenvolveuse de acordo coas recomendacións da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico. O obxectivo é según o concello dar resposta as peticións, tanto das persoas que realizan actividades de venda ambulante, como do colectivo de artesáns; e dinamizar zonas que actualmente quedan máis afastados do percorrido turístico habitual.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial