Aprobado o proxecto da nova depuradora de Arca, en O Pino

0

O Pino, 22 de xuño do 2021 – O Pleno Municipal do Pino aprobou por unanimidade o proxecto de construción da nova depuradora de Arca.

A depuradora será financiada integramente pola Xunta de Galicia. O investimento previsto supera os dous millóns de euros. A licitación farase a través do ente Augas de Galicia.

A nova infraestrutura ten como obxectivo eliminar os actuais problemas da parroquia de Arca. Os inconvintes vense acrecentados en verán coa afluencia de peregrinos.

O alcalde, Manuel Taboada, explicou que  “Supón un proxecto moi importante para o municipio, porque nos axudará a eliminar un problema de contaminación, sobre todo en épocas de verán e de alta afluencia de peregrinos, porque a actual estación non ten capacidade suficiente”

Aínda que o proxecto contempla financiación para tres anualidades, segundo explicou o alcalde no pleno as “partidas máis importantes son as contempladas este ano, con 300.000 euros, e, sobre todo, o ano que ven, con 1.700.000 euros, quedando unha pequena partida de 50.000 euros para o 2023. Isto quere dicir que a depuradora estará rematada o ano que ven”, asegurou Taboada Vigo.

Outros asuntos

Na sesión tamén se aprobou por unanimidade solicitar unha subvención nominativa á Deputación da Coruña para construír unha senda peonil en Lameiro por 83.514 euros. A cesión á Igrexa dunha parte da parcela onde está construída a ampliación do cemiterio de Castrofeito e os trámites para completar o proceso de administración electrónica do Concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial