Aprobados definitivamente os orzamentos do Concello de Frades que medran un 11%

0

Frades, 1 de febreiro do 2017 – O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica  a aprobación definitiva dos Orzamentos Municipais do Concello de Frades para 2017, aprobados inicialmente polo pleno municipal o pasado 19 de decembro.

imaxe da casa do concello de FradesAs contas de Frades recollen un superávit inicial de 133.401,54 euros, xa que as previsións de ingresos ascenden a 2.181.445,71 euros e as dos gastos ascenden a 2.048.044,17 euros, e entran en vigor logo de que non se teña rexistrada alegación algunha durante o prazo de exposición pública.

No capítulo de gastos, os orzamentos do Concello de Frades ascenden a 2.048.044,17 euros no capítulo de gastos (un 11% máis ca en 2016). Neste apartado destaca o incremento dos investimentos reais, partida que medra un 13% ata os 578.184,08 euros. Tamén medra nun 14% as achegas a bens correntes e servizos, que pasa dos 811.293 euros de 2016 aos 925.474,12 euros para 2017. Uns cartos aos que hai que engadir os 126.000 euros en transferencias correntes, o que permite aumentar as achegas en materia de servizos sociais.

Pola contra, os gastos de Frades en persoal sitúanse en 417.385,97 euros, o que representa o 20% dos Orzamentos, unha das porcentaxes máis baixas de Galicia. Unhas contas que, ademais de rexírse polos principios de equilibrio e estabilidade orzamentaria, deixan a débeda bancaria de Frades en cero.

En canto ao capítulo de ingresos, ascenden a 2.181.445,71 euros, un 18% máis ca en 2016. Un aumento xustificado, sobre todo, no incremento rexistrado polo IBI tras a regularización catastral feita pola Dirección Xeral do Catastro e a pesar da bonificación do 95% para granxas establecido polo Concello de Frades, que deixará de ingresar 19.698,95 euros por este concepto.

A maior parte dos ingresos de Frades proceden de transferencias correntes (1.165.618,71 euros) e por impostos directos (599.152,11). A recadación por taxas ascenderá a 140.000 euros, mentres que as transferencias de capital serán de 231.174,89 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial