Aproveitamento enerxético nos Luns do Ateneo

0

Compostela, 20 de febreiro do 2021 – Hoxe luns, día 22, o Ateneo de Santiago programa unha nova conferencia da man de Alberto Sánchez, Director da Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua Galicia).

A cita, a partir das oito da tarde, levará por título ” A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos”. No  Ateneo verase como a palabra “residuo” debe ser necesariamente desbotada nun futuro próximo debido aos avances cara a un modelo de circularidade. Un novo escenario no que os residuos sólidos urbanos e industriais e as augas residuais ganaron interese como grandes e estables vectores de recursos.

Alberto Sánchez

Na charla falarase da tecnoloxía para converter determinados residuos en recursos enerxéticos e, máis cedo que tarde, como novas materias primas verdes para procesos xeradores de plásticos biodegradables, combustibles, proteínas e aditivos para fármacos ou cosméticos. 

Alberto Sánchez Sánchez é Enxeñeiro Químico pola Universidade de Salamanca (2006) e Doutor en Enxeñería Química e Ambiental pola Universidade de Santiago de Compostela (2013), grazas á súa investigación no campo do tratamento das augas residuais urbanas e industriais. Tras o seu Doutorado, incorpórase como investigador á Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua Galicia), na que actualmente exerce funcións de director.

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir por medio da plataforma Zoom, a páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e enviarse ao WhatsApp do Ateneo 622 274 110.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial