Aproveitar os excedentes agrarios

0

A Pobra, 1 de outubro do 2021 – O Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha un proxecto de aproveitamento de excedentes agrarios e pon o valor os produtos das hortas da zona.

O concello invita aos pequenos produtores a integrarse na plataforma DEANshop para achegar as verduras, hortalizas e legumes ao mercado dun xeito sinxelo. Trátase de que os veciños poidan poñer á venda os excedentes agrarios que teñen e tirar deles algunha rendabilidade.

A concelleira da Promoción Económica, Charo Varela, enumerou os obxectivos desta proposta, entre os que se atopan, poñer en valor a produción agrícola das pequenas explotacións do concello; fomentar o consumo de alimentos de calidade e de proximidade (quilómetro 0); xerar actividade económica a partir dos produtos de tempada; dinamizar o comercio local, neste caso, a través dunha plataforma dixital; fomentar a actividade agraria; e promover un estilo de vida saudable e sostible.

Segundo indicou a técnica municipal, Sara Sánchez, no 5 de outubro, ás 20.00 horas, terá lugar unha reunión informativa nas instalacións do coworking. As persoas interesadas en recibir máis información poden anotarse a través do teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2035, ou do enderezo electrónico promocion.economica@apobra.gal.

Por último, a presidenta da Asociación Comercial DEANSHOP, Noelia Hermo, sinalou que a entidade habilitará na plataforma dixital un apartado chamado ‘Quilómetro 0’, onde se porán á venda os excedentes agrarios. Neste senso, manifestou que “nós non imos a ser beneficiarios, o único beneficiario será o propio agricultor ou persoa que cultiva”, polo que a asociación constitúe unicamente un vínculo de unión entre produtores e compradores. Ademais, de funcionar esta iniciativa, anunciou que dende a plataforma se buscará tamén a implicación do sector hostaleiro para que tamén adquiran esta mercancía e poidan crear uns menús ‘Quilómetro 0’.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial