займ срочно

“Aqui ganamos tod+s” Cruz Vermella e hostalería promoven a igualdade

0

Bisbarra, 25 de febreiro do 2022 – Cruz Vermella pon en marcha, coa colaboración da hostalería da provincia, a campaña “Aqui ganamos tod+s”.

O obxectivo é promover a igualdade de oportunidades no mercado laboral. “Aqui ganamos tod+s”  desenvolverase entre o 26 de febreiro e o 01 de marzo na Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.

trátase dunha acción vinculada ao Plan de Emprego de Cruz Vermella que busca mellorar a empregabilidade das persoas con máis dificultades.

A Organización traballa con mulleres con baixa cualificación e en desemprego, mozos con baixa ou nula formación, persoas desempregadas de longa duración, persoas con máis de 45 anos ou persoas  migrantes e refuxiadas, entre outros.

200 empresas implicadas

“Aquí gañamos  tod+ s” é unha acción de sensibilización que chega aos clientes da hostalería a través de vasos de papel reciclado coa imaxe e lema da campaña. Ademais, difundiranse mensaxes sobre a importancia de sumar esforzos, fomentar a igualdade de oportunidades e evitar situacións de discriminación. Para levar a cabo esta iniciativa Cruz Vermella conta coa colaboración de máis de 200 empresas. No caso de Santiago de Compostela e a súa contorna están situadas na zona Vella de Santiago, zona Ensanche Santiago, Centro comercial  As Cancelas, Bertamiráns e Sigüeiro.

Esta campaña forma parte do proxecto Reto Social Empresarial, do Plan de Emprego de Cruz Vermella, e leva a cabo co financiamento do Goberno de España e do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social ( POISES).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies