Área Central convértese nunha referencia de ocio na bisbarra

0

Compostela, 19 de xullo do 2021 – O Centro Comercial foi o primeiro da bisbarra e renace converténdose nunha referencia de ocio coas aperturas de Nova Jump e Beehive.

En xuño Nova Jump abría como un parque de exercicios para toda a familia. Hai uns días era o sector dos videoxogos o que se instalaba da man de Beehive. Dúas referencias de ocio que marcan o camiño polo que aposta Área Central.

Nova Jump

Nova Jump ocupa o espazo dos antigos cines de Área Central e que acondicionou Urban Planet antes da pandemia. Un lugar para saltar, competir, facer exercicio e pasar unha tarde distinta.

O seu xerente é Álvaro Lacasta quen explicaba que apostan por unha pronta saída da situación actual e a necesidade da poboación de buscar un ocio distinto

Nova Jump dispón de máis de 2.400 m2 de camas elásticas nas que saltar, facer parkour ou acrobacias. Abre de mércores a venres de catro da tarde a dez da noite e sábados, domingos e festivos tamén de 12 a 14 horas.

Beehive

Beehive é algo innovador na bisbarra de Compostela. O sector dos videoxogos experimentou un crecemento nos últimos anos que vai máis alá do mero pasatempo e convértese en competición profesional.

O seu xerente, Carlos Carcía, leva máis de quince anos no sector e explica que se trata de reinventar o concepto de cibercafé

Beehive é o centro gaming máis grande do noroeste da península. Dispón de 600 metros cadrados coas mellores consolas do mercado. Ten tamén tres antigas máquinas arcade adaptadas aos novos tempos. Pero a xoia da coroa é unha sala Vip que se pode alugar e na que poden xogar ao mesmo tempo ata sete persoas; ten incluso liteiras para descansar e iso permite participar en competicións en liña de longa duración.

Área Central traballa na incorporación de novos espazos de ocio entre os que se atopa unha pista de skate que se situaría na praza de Europa. A intención é que estas novas ofertas se axusten ao longo do verán para que a partir de setembro funcionen ao cen por cen.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial