Arelas organiza un concurso de postais de Nadal contra a LGTBI Fobia

0

Compostela, 30 de decembro do 2020 – O colectivo Arelas, asociación de familias de menores trans de Galiza, organiza un concurso de Nadal contra a LGTBI fobia e a favor da diversidade sexual.

O concurso de postais serve tamén para conmemorar o quinto aniversario de Arelas. O obxectivo é seguir visibilizando e concienciando sobre a igualdade de oportunidades, o apoderamento das sexualidades non normativas e contra as discriminacións e violencias LGTBI+fóbicas.

Premios e categorías

Dentro deste concurso establecéronse dúas categorías con dous premios de 150 € e 100 €. A Primeira Categoría: concursantes ata 12 anos cumpridos. A Segunda Categoría ara concursantes de13 anos cumpridos en adiante. Os catro traballos premiados serán publicados nas redes sociais e na web de ARELAS.

Os traballos deberán ser enviados antes das 24 horas do día 10 de xaneiro e o 28 de xaneiro, faranse públicos os traballos premiados en cada categoría.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial