Arquitectura da Auga

0

Bisbarra, 9 de abril do 2021 – A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación da mostra Arquitectura da auga. Territorio, imaxe e pensamento.

A mostra expón as conclusión dun traballo de investigación e de fotografía no que se analizou a arquitectura da auga presente no Camiño de Santiago en cinco pequenos núcleos situados na contorna da capital galega.

A mostra, que permanecerá na Fundación DIDAC de Santiago ata finais do mes de abril, descobre o potencial cultural e o peso de elementos arquitectónicos como fontes ou lavadoiros que dan sentido ao territorio.

O estudo realizouse a través de cinco enclaves: O Amenal (Francés); Rubial (Vía da Prata), Rúa de Francos (Portugués); Augapesada (Fisterra) e Marantes (Inglés). O traballo estivo impulsado pola arquitecta Elisa Gallego e o fotógrafo Julián Barón, en colaboración coa Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) e o Grupo Cidade e Territorio, ambos da Universidade da Coruña.

O proxecto conta cunha axuda de 14.462,81 euros por parte da Xunta de Galicia ao abeiro do programa O Teu Xacobeo, co que se busca impulsar un Xacobeo espallado e integrador, que permita desenvolver unha ampla diversidade de iniciativas que integren á sociedade galega no fenómeno xacobeo.

Nesta edición de O Teu Xacobeo desenvolveranse un total de 220 propostas orientadas a dinamizar a programación sociocultural do Xacobeo. Conta cun investimento de case 3,3 millóns de euros que suporán unha mobilización de recursos de máis de 5,8 millóns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial