Arrieiros somos en Arzúa

0

Arzúa, 11 de febreiro do 2021 – Arzúa será unha das protagonistas da serie documental “Arrieiros somos” do creador Rubén Riós e que mostra distintos lugares de Galicia dándolle un especial protagonismo ás persoas.

“Arrieiros Somos” nace despois do éxito de “Camiñantes do noso” que se adentrou nas aldeas polas que transcorre a vía da prata do Camiño de Santiago, como xa contamos no seu día, e que pasou tamén pola bisbarra visitando o concello de Vedra. A serie acadou cerca das 100.000 visualizacións en Youtube, e un grande impacto e alcance nas distintas redes sociais

Arrieiros

Agora, baixo o título de “Arrieiros somos”, o coñecido actor e produtor Rubén Riós percorre varios lugares de Galicia manténdose a esencia de Camiñantes do noso pero con moitas novidades. En esta ocasión conversa sobre as relacións e o amor das persoas, aos seus e ao noso.

Os protagonistas desta primeira entrega son Cecília Camino de 92 anos e o seu fillo Manoliño de 53; unha historia  que nos fará ver o amor incondicional entre nai e fillo despois de criarse sen a figura paterna e a loita e a constancia de Manoliño entre a súa discapacidade e o ámbito rural.

Esta produción estrearase este venres, 12 de febreiro, as 21:00h na canle de YouTube “Orgullo Galego”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial