Arzúa presenta as actividades con motivo do 25N

0

Arzúa, 23 de novembro do 2021 – A área de Igualdade do concello de Arzúa presentou as actividades conmemorativas do 25N.

arzúaArzúa implicase con diversas actividades no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, 25N. O departamento que dirixise o alcalde, José Luís García, deseñou unha programación destinada especialmente á xente moza e que tratará de sensibilizar sobre esta lacra social.

Arzúa porá o foco sobre as mulleres, principais vítimas de acoso, extorsión, espionaxe cibernético e outras formas de agresión que se producen a través das novas tecnoloxías. Dende a área de Igualdade Municipal organizouse para estes días unha charla sobre ciberseguridade que se impartirá no IES de Arzúa. Desenvolverase ao longo de dúas sesións, dirixida aos alumnos e alumnas de primeiro e segundo de Formación Profesional Básica.

A pandemia ocasionada pola covid-19 no último ano e medio non fixo máis que multiplicar os actos de agresións perpetrados mediante o correo electrónico,  os sistemas de mensaxería ou as redes sociais. Persoal técnico da área de Igualdade Municipal salienta que “as mulleres a nivel mundial teñen moitas máis probabilidades de ser atacadas en internet ca os homes. As agresións no ámbito tecnolóxico dirixidas a mulleres son máis comúns e dun carácter máis violento”. Sinalan, ademais, que os expertos en ciberseguridade admiten que esta problemática cobrará maior relevancia afectando especialmene ás adolescentes.

Para tratar de previlo, o coloquio sobre ciberseguridade que se impartirá aos escolares arzuáns irá acompañado da presentación dunha guía sobre prevención e acción contra os perigos da rede.

No mesmo centro educativo terá lugar unha charla-coloquio con Ana Saavedra, membro da Asociación Mirabal, que, dende a súa experiencia como vítima de violencia de xénero, falará sobre a importancia da detección e prevención da violencia.

Os alumnos de primeiro da ESO participarán, ao longo de cinco sesións, na realización de talleres de Rap cunha temática común, a loita incansable contra a violencia de xénero dende o ámbito educativo e social.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial