Arzúa implementa códigos QR para promocionar o turismo

0

Arzúa, 26 de xullo do 2021 – O concello de Arzúa continúa mellorando a promoción turística e tras impulsar o portal web o promocionará con códigos QR na hostalería local

Desde o concello facilitarase a todos os establecementos hostaleiros, casas rurais, albergues e restaurantes, un vinilo que conterá un código QR. Por medio do código todas as persoas que visiten Arzúa poderán acceder directamente á web www.turismoarzua.gal e atopar información acerca da súa historia, patrimonio, espazos naturais, cultura, aloxamentos, restaurantes, tendas …

Con esta ferramenta búscase darlle información ao público, tanto de orixe nacional coma internacional, que tradicionalmente cruza o territorio do concello peregrinando a Compostela por algún dos camiños de Santiago. As características da oferta turística de Arzúa, baseada na gastronomía e os espazos naturais, fai posible que cada día sexa máis palpable a recuperación de visitantes tras o parón que supuxo a pandemia.

A COVID-19 normalizou o uso dos códigos QR. Consultar a carta dun restaurante, acceder á versión web de aplicacións de mensaxería, conectarse a unha rede wifi ou utilizalo como método de acceso, son algunhas das aplicacións máis usadas destes códigos.

Na actualidade úsase de maneira xeneralizada entre a poboación. Esta é unha das principais conclusións que se desprenden da edición de 2021 do estudo ‘Mobile & Conectividad inte-ligente’ que elabora IAB Spain e que sinala que o 82,2% dos enquisados afirma que utilizou nalgunha ocasión códigos QR e só un 2% descoñece o que son.

En palabras de Begoña Balado, concelleira de Turismo,  “esta iniciativa é novidosa e súmase a outras accións de promoción turística do noso  concello. En Arzúa crúzanse tres rutas do Camiño de Santiago e o noso obxectivo é que sexa un destino turístico que englobe historia, gastronomía, paisaxes naturais, bos aloxamentos e comercio local. Arzúa ten moito que ofrecer”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial