Arzúa estrea a programación de verán

0

Arzúa, 24 de xuño do 2021 – A concellaría de Cultura de Arzúa, que dirixe a edil Aurora Varela, vén de dar a coñecer o programa de actividades para este verán que comezará o vindeiro día 28.

O departamento de Cultura decidiu manter o esquema de actividades do pasado ano que, explican  “resultou moi positivo e totalmente seguro para o público asistente”. As actividades de verán de Arzúa están pensadas, din  “para adaptarse aos protocolos que se vaian establecendo dende a Xunta de Galicia”.

A programación arrinca o luns 28 coa conmemoración do Día da diversidade sexual, cunha proposta que complementa o programa provincial Ser e sentir impulsado pola Deputación da Coruña. O Concello organiza unha sesión de cinema coa proxección da película Call me by your name (Chámame polo teu nome), un drama romántico que trata a homosexualidade nos anos 80. Foi nominada a catro premios Óscar e alzouse co de mellor guión. Esta cita terá lugar no Telecentro ás 20:00h coa entrada libre ata completar aforo.

A animación das feiras de xullo e agosto será outro dos puntais deste programa contando con actuacións itinerantes para evitar aglomeracións e ao mesmo tempo dinamizar o propio mercado, as rúas e prazas da vila. Na feira do xoves 8 de xullo actuará O Bringuelo e na do 22 Herba Grileira. Nos mercados de agosto a quenda será para A Maristela e Luar das Augas.

O xoves 22 de xullo dará comezo un novo Ciclo de música ra rúa En aberto co primeiro dos cinco concertos ao aire libre, un máis que en anos anteriores e que terán lugar na Praza de Galiza. Rubens Consort será o grupo encargado de abrir esta edición cunha proposta de música de cámara a cargo deste trío de corda. Neste ciclo tamén se subirá ao escenario Aldara o 29 de xullo,  MJ Pérez, Sabela King Trío e Acordeireta no mes de agosto.

A praza da vila  acollerá tamén o domingo 25 de xullo a decimocuarta edición de Arzúa Viva. As actividades de lecer e varios obradoiros de cultura urbana sucederanse durante toda a tarde para público infantil e para a mocidade. Nas vindeiras semanas ampliarase información sobre esta xornada.

A programación de verán completarase coas exposicións na Capela da Madanela de Bo Camiño no mes de agosto e Arte na rúa en setembro. Tamén se levará a cabo a segunda edición do Serán Cativo o 31 de agosto despois da boa acollida desta novidade no verán anterior. Nesta ocasión contará cun obradoiro de xogos tradicionais e co espectáculo de música e contos de tradición oral titulado A formiga no carreiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial