Arzúa rehabilitará a antiga Casa de Correos

0

Arzúa, 21 de outubro do 2020 – O concello de Arzúa recibiu onte a visita da Subdelegada do Goberno, Pilar López, para falar de distintos proxectos co alcalde, José Luís García, e a concelleira de Obras e Servizos, Begoña Balado.

Arzúa rehabilitará a antiga Casa de CorreosUn dos traballos que recibirá apoio do goberno será a rehabilitación da Antiga Casa de Correos de Arzúa, unhas obras que se espera que poidan comezar o vindeiro mes de decembro. As obras de acondicionamento e mellora do inmoble, situado en pleno casco antigo da vila, era unha materia pendente dende hai anos. As actuacións, promovidas dende o Ministerio de Transportes, permitirán a mellora do edificio e a súa contorna para convertelos nun espazo destinado ao desenvolvemento de actividades culturais. O prazo de execución está fixado en dez meses.

O goberno municipal de Alternativa por Arzúa e PSdG-PSOE  foi o que decidiu destinar á rehabilitación da Casa de Correos os aproximadamente 600.000 euros que costará esta actuación, aínda non sendo o concello o propietario do inmoble pero conscientes do escaso interese da Xunta de Galicia en priorizar esta actuación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial