Arzúa reparte entre a veciñanza o calendario do ano 2021

0

Arzúa, 22 de decembro do 2020 – O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que desde hoxe martes repartirase de balde o calendario para o ano 2021.

O primeiro reparto comezará hoxe martes 22 coincidindo coa feira. Será a partir das doce do mediodía na entrada do Multiusos Terra do Queixo. Repartiranse un total de 500 exemplares do calendario.

A partir de mañá mércores,  os veciños e veciñas tamén poderán recoller o novo almanaque na Casa do Concello, Oficina de Cultura e Deportes e Biblioteca Municipal.

Nos vindeiros días farase unha nova quenda por diversos locais de Arzúa e polas parroquias. Estarán dispoñibles no Bar Pedrito, Casa Nené, Bar Praza, Parrillada Europa, Bar Ameixa, O Furancho de Santiso, La Bodega de José, Bar Karper, A Queixeira de Arzúa, Bar Luis, Bar Manolo, Café Teatro, Bar D`Susan, Confitería La Esquina, Mesón Os Catro Ventos, Libraría Cartafol e Os Picariños. Tamén haberá exemplares do calendario no Centro de Saúde e Piscina climatizada.

Os veciños das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, na Igrexa parroquial ou contactando co correspondente alcalde pedáneo.

Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada adicadas este ano ao Camiño de Santiago ao seu paso por Arzúa. Cada folla permitirá, ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, observar as doce fotografías premiadas no concurso “Arzúa Camiña” convocado este ano polo Departamento de Cultura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial