Arzúa Viva retoma a cultura urbana

0

Arzúa, 14 de xullo do 2021 – O Departamento de Cultura de Arzúa, dirixido pola concelleira Aurora Varela, presentou unha nova edición de Arzúa Viva, un evento no que destaca a cultura urbana.

A Praza de Galiza acollerá o domingo 25 de xullo a decimocuarta edición de Arzúa Viva. A partir das cinco da tarde celebraranse actividades destinadas a público infantil e mocidade coa cultura urbana como protagonista.

Levaranse a cabo obradoiros de Cap paint (pintado de gorras) e de Danza urbana, ambos os dous para participantes a partir dos 8 anos cumpridos no momento da inscrición. Tamén haberá un obradoiro de Graffiti ás sete da tarde e para participar deberase ter un mínimo de 10 anos.

Para estas tres actividades será necesaria inscrición previa no teléfono 981500222 do 15 ao 21 de xullo en horario de 9:00 a 14:00h. A participación nas mesmas é de balde e as prazas limitadas.

Por outra banda, haberá unha zona de xogo libre que contará con inchables de salto, unha diana xigante e unha portería de precisión, entre outras propostas.

A xornada rematará ás oito do serán cunha exhibición de Danza Urbana a cargo da Asociación Cultural Vella Escola.

Durante as actividades cumpriranse os protocolos vixentes fronte á Covid-19. En caso de mal tempo, as actividades celebraranse no Multiusos Terra do Queixo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial