As Anpas de Melide, Santiso e Toques reclaman máis apoio para os centros escolares

0

Bisbarra, 10 de novembro do 2021 – As distintas Asociacións de Nais e Pais de alumnos, anpas, dos concellos de Melide, Santiso e Toques únense para reclamar máis apoio para os centros escolares.

As anpas non son as únicas que piden á Xunta de Galicia un reforzo de medios, tantos os equipos directivos como os concellos demandan este apoio.

Durante o mes de setembro as anpas dos tres colexios de Melide, ao Instituto, ao colexio de Toques e ao colexio de Santiso presentaron por rexistro cadansúa reclamación ante as Inspeccións educativas da Consellería de Educación. O motivo da petición foi o recorte en persoal no comezo do curso.

Os pais e nais dos máis de 1000 escolares poñen o foco na non asignación de mestras especializadas PT (pedagoxía terapéutica) e de AL (audición e linguaxe), que a Xunta de Galicia debería asignar aos centros. A asignación destes profesionais faise obedecendo aos informes dos equipos de orientación de cada colexio, que avalían as necesidades do alumnado. Os informes indican a urxencia de dotación de persoal PT e AL, de xeito prioritario no caso de alumnado con necesidades especiais, que ante este recorte de profesionais, ven desatendidas as súas necesidades formativas. Esta falata de persoal provoca unha profunda situación de discriminación no ámbito escolar. Ningunha das peticións formalizas polas anpas tivo resposta por parte da Consellería.

A situación de abandono ás necesidades especiais repítese en todos os centros escolares da comarca, que agora se unen a través das súas anpas para esixir ante a Consellería, e ante a Xefatura Territorial, a cobertura destas eivas. De xeito especial chaman a atención sobre a situación no colexio Mestre Pastor Barral (Melide), que conta con unha aula específica para a atención ás necesidades educativas especiais, pero non conta con persoal suficiente para atender aos nenos e nenas que a necesitan.

As seis anpas puxéronse tamén en contacto coas tres corporacións municipais, Melide, Santiso e Toques e obtiveron o seu total respaldo. Os tres concellos redactaron un escrito conxunto, que tamén veñen de presentar no Rexistro da Xunta de Galicia, solicitando que sexan atendidas as demandas que formalmente constan nos informes dos equipos de orientación, e que deixan ás claras que a actuación da Xunta en materia de atención ás necesidades especiais dos máis pequenos na comarca da Terra de Melide está sendo ridícula e discriminatoria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial