As últimas decisións sobre a hostalería non convencen ao sector

0

Compostela, 16 de febreiro do 2021 – As decisións anunciadas pola Xunta de Galicia sobre a hostalería non convencen a unha parte do sector que segue sen estar representado nas reunións.

Tras anunciar a apertura dos comercios e a volta a actividade das ensinanzas especiais e o deporte ao aire libre a Xunta avanzou un plan especial para a hostalería. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse pola tarde con parte das Asociacións de Hostalería e con representantes do Cluster do Turismo.

Protocolos de acceso

Esta nova desescalada centrarase en garantir a máxima seguridade no acceso aos establecementos. Por unha banda os locais terán que anunciar o límite máximo de aforo e cumprir coas distancias de 1,5 m. O goberno autonómico traballa nun rexistro de entradas de clientes que permita o rastrexo dos mesmos en caso de aparecer un gromo. A Xunta anunciou tamén que para esta desescalada será precisa a colaboración dos concellos que se encargarán das inspeccións dos locais.

Por outra banda desde a Xunta tamén se informa da posta en marcha do II Plan de Rescate, co que sumará 160 millóns en apenas catro meses, e cuxa tramitación administrativa se está a realizar de xeito urxente cara a publicar a primeira orde de axudas esta semana no DOG.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reúnense con representantes de asociacións de empresarios de hostalería e restauración.

Malestar no sector

Desde a Plataforma creada recentemente, e que aglutina a persoas, asociacións e colectivos vinculados coa hostalería, estas medidas non se consideran un avance. Lembran que o control de entrada nos locais era unha das propostas que presentaron no mes de novembro e que non foi tida en conta.

Tamén apuntan que ese control sen un aumento do número de rastrexadores non serve de nada e poñen como exemplo a hostalería nocturna, un sector no que xa se probou esta medida sen que se conseguira seguir ao cen por cen o fío dos contactos.

A intención da Xunta de que os concellos realicen inspeccións previas antes da apertura é tamén moi criticado. Desde a plataforma consideran que é trasladar a responsabilidade aos municipios cunha medida de moi difícil cumprimento.

Unhas axudas maquilladas En canto ao novo plan de axudas non ven con bos ollos o feito de que sexa necesario un 45% de perdas durante o ano 2020 para poder acceder. Os hostaleiros pregúntanse si un negocio que ten unhas perdas da terceira parte non é un negocio en crise. Lembran ademais que os 160 millóns dos que fala a Xunta “foron asignados en dous exercicios distintos, e dos pouco máis de 80 da primeira parte só 30 foron para a hostalería e o resto para outros sectores. Iso sen contar que unha boa parte procedían de fondos europeos polo que tampouco foron en realidade axudas da Xunta”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial