Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno

0

Compostela, 14 de xullo do 2021 – O Centro de Acollida do Peregrino, en Santiago, acolleu a V Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno.

A Asociación do Camiño de Inverno, nada no 2017, esta formada polos concellos galegos de O Barco, A Rúa, Vilamartín, Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Monforte, Pantón, Chantada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vedra; e os leoneses de Ponferrada, Carucedo, Priaranza e Puente de Domingo Flórez.

No transcurso da Asamblea os socios debateron diferentes aspectos relacionados co funcionamento ordinario da entidade. Unha vez finalizada, a Asociación procedeu a presentar o proxecto de difusión audiovisual para o Xacobeo 21/22.

A campaña consiste nun vídeo integral do Camiño de Inverno, que fai especial fincapé nos aspectos patrimoniais, sensoriais e paisaxísticos que determinan e definen este Roteiro Xacobeo.  

 

O vídeo compleméntase con 22 audiovisuais breves referentes a cada un dos municipios que forman parte do Camiño de Inverno.

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno mostrou a vontade de retomar, a partir do outono, as actividades presenciais en espazos abertos. Unha das iniciativas será a realización dunha serie de roteiros promocionais do Camiño coas datas seguintes:

 

  • 19 de septiembre: Zona Bierzo.
  • 2 de octubre: Zona Valdeorras.
  • 16 de octubre: Zona Quiroga.
  • 30 de octubre: Zona Riberira Sacra/Monforte.
  • 13 de noviembre: Zona Rodeiro/Lalín.
  • 27 de noviembre: Zona Vedra/Santiago.

No acto de presentación estiveron presentes á Presidenta da Asociación, Dª María Concepción Vega, Concelleira de Cultura e Turismo de Ponferrada, D.  Ildefonso de Cámpaa, Director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, e D. José Luis Raposo, Deputado responsable da área de Medio Ambiente da Deputación Provincial de Lugo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial