Asignan gardas aos médicos do centro desaúde de Ribeira por burofax

0

Ribeira, 24 de setembro do 2021 – CIG-Saúde do Barbanza denuncia que o persoal facultativo do Centro de Saúde de Ribeira é obrigado a cubrir as gardas no PAC “a golpe de burofax”.

Unha situación diante da que solicita a dimisión das persoas responsables da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza, por la mala xestión dos centro de Atención Primaria como o de Ribeira.

Segundo explican, durante boa parte do verán, e máis a miúdo nestas últimas fins de semana, a Xerencia está a obrigar aos traballadores de Primaria de Ribeira a realizar gardas ese mesmo sábado e domingo tirando de burofax, entre as 14:00 e as 15:00 horas.

Todo isto agrava, se cabe, a falla de persoal que xa arrastra o centro desde hai anos, denuncian, porque non se están cubrindo moitas das ausencias que se producen no centro, xa sexa por baixa, permisos familiares ou vacacións. Isto provoca que os facultativos de Primaria, ademais das súas consultas e de ter que cubrir as ausencias dos seus compañeiros, se lles obrigue a cubrir gardas no PAC, moitas veces con notificacións de 24 horas, sen respectar os seus descansos semanais.

CIG-Saúde do Barbanza denuncia a falta de organización da xerencia, ao obrigar a este persoal a realizar estas quendas con notificacións moitas veces con escasas 24 horas de antelación, sobrecargándoos de traballo, o que merma as súas condicións laborais e provoca un desgaste físico que repercute na calidade da atención que se lle pode dar ao doente, por falta de tempo e polo cansazo acumulado, o que pon en risco a súa saúde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial