Astora, libraría e ocio no Ensanche de Compostela

0

Astora abriu hai uns meses no Ensanche de Compostela. Esta situada nun local emblemático, no que estivo durante moitos anos a desaparecida libraría Abraxas. Pero en esta reportaxe mostraremos que Astora é moito máis cunha libraría.

Andrés Fernández e Ismael García son os dous socios dun proxecto nado da experiencia. Antes de Astora estiveron en proxectos similares e levan máis de vinte anos relacionándose coa banda deseñada, os xogos de rol e os videoxogos. Andrés cóntanos que tiñan a sensación de que faltaba un espazo como este na cidade e esa foi a principal motivación.

Esa intuición viuse confirmada. Astora é un centro de reunión pero tamén imparte obradoiros e asesora aos visitantes.

O que hai anos era algo para “frikis” foi aos poucos chegando a normalizarse. Xogar a cartas Magic, ler banda deseñada de superheroes ou coleccionar figuriñas é hoxe en día, como di Andrés, algo totalmente democratizado.

A chegada das plataformas de streaming, e as distintas sagas no cine, fan tamén que moito cliente faga o camiño inverso e chegue á banda deseñada desde o audiovisual

O videoxogo Dark Souls presenta un mundo escuro no que a única luz é da cidade de Astora. Todo o traballo de anos de Andrés e Ismael vese agora recompensado e recoñecido pola comunidade de fans.

Hai lugares dos que é imposible transmitir o ambiente. Astora é un lugar para visitar teña un os gustos que teña. Deixarse asesorar, coller nas mans banda deseñada, sentarse a xogar sen ter nin idea e acabar facendo amizade con descoñecidos… non deixedes de ir, agradeceredes o consello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial