“Astrónomas”, unha mostra para ver en Fonseca ata o 29 de outubro

0

Compostela, 29 de setembro do 2021 – Hoxe mércores ábrese en Fonseca a mostra “Astrónomas” que pon en valor a  a pegada das mulleres ao estudo do universo.

O obxectivo da mostra é fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas en xeral e, entre as nenas e adolescentes, en particular.  “Astrónomas” busca tamén incrementar a cultura científica, tecnolóxica e innovadora na sociedade e mellorar a educación científico–técnica.

A mostra é herdeira da exposición ‘Con A de astrónomas’, creada no marco do Ano Internacional da Astronomía 2009 e que percorreu centos de centros culturais, bibliotecas e institutos de secundaria de toda España ao longo da última década. Con esta mesma finalidade, ‘Astrónomas’ conta tamén cunha versión física de dezaseis paneis explicativos que estarán dispoñibles en castelán, galego e catalán.

A súa versión dixital, que conta cun espazo web propio, inclúe información de 270 astrónomas que traballan ou traballaron nunha ou en varias das catorce disciplinas nas que se estruturou a mostra, e recolle ademais os máis variados acentos de etnias, ámbito xeográfico, categoría profesional ou diversidade funcional.

Mostra interactiva e materiais complementarios

 

Ademais da información sobre cada unha das científicas, ‘Astrónomas’ compleméntase con diversos materiais que inclúen unha contextualización da astronomía con outras ciencias, a súa relación co cinema, literatura, ou arte; cadernos pequenos pedagóxicos que se poden descargar, xogos interactivos, podcast e vídeos. Todo iso arroupado por unha banda sonora orixinal composta por Paula Espinosa. 

A exposición ‘Astrónomas’ foi realizada por un grupo interdisciplinario de persoas tanto do ámbito da astronomía como da historia da ciencia e da docencia en distintos niveis, e grazas á colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación. A Sociedade Española de Astronomía é un dos patrocinadores da exposición. A mostra presencial estará dispoñible no Claustro Alto do  Colexio de Fonseca durante un mes, do 29 de setembro ao 29 de outubro. Poderase visitar de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial