Atalaya Mining segue adiante co proxecto mineiro de Touro

0

Touro, 7 de outubro do 2020 – Foi o pasado mes de setembro cando a compañía Atalaya Mining desvelou a súa intención de insistir na apertura da mina de Touro nun encontro con inversores.

Hoxe cúmprense oito meses da publicación, no Diario Oficial de Galicia, dunha declaración de impacto ambiental negativa para o proxecto de Touro. Ao mesmo tempo a Plataforma Veciñal Mina Touro o Pino NON desvela que a multinacional trasladou aos inversores, nun encontro o pasado mes de setembro, o “compromiso con encontrar unha solución para o desenvolvemento do proxecto”. A empresa fixo referencia tamén ao sistema de almacenamento das balsas de lodos como “a mellor práctica internacional”.

Atalaya Mining segue adiante co proxecto mineiro de TouroAs declaracións ante os inversores de Atalaya Mining contrastan co informe realizado polo xeofísico Steven Emerman que constata a falta de seguridade das balsas nas que non se teñen en conta os criterios básicos de seguridade. En estes criterior é obrigatorio incluír conceptos como a inundación máxima probable ou o terremoto máximo crible que non están contemplados. Así mesmo expón o deficitario sistema de construción dos muros de contención con entullos mineiros xeradores de acidez. Son precisamente estas cuestións as que son recollidas na Declaración de Impacto Ambiental negativa.

A Plataforma segue pola súa banda reclamando a restauración dos terreos e das augas da antiga mina, pechada hai máis de 30 anos, que están a xerar graves prexuízos para os ríos e regatos da contorna.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial