Atalaya Mining di aos accionistas que “avalía opcións para Touro”

0

Touro, 25 de xuño do 2021 – A Xunta de Accionistas de Atalaya Mining,  celebrada en Londres este xoves, non aclarou nada sobre o futuro da mina de Touro.

Na declaración antes os accionistas, según o boletín enviado onte, Atalaya Mining só explica que ” Management is currently evaluating options to modify the project parameters to address the concerns of the Xunta de Galicia with the aim of moving the project forward” (a dirección está evaluando opcións para modificar os parámetros do proxecto e abordar as preocupacións da Xunta de Galicia co ánimo de avanzar).

Un novo proxecto “fantasma”

Fronte a escueta declaración ante os accionistas está o teórico novo proxecto para Touro. Hai unha semana algúns medios facíanse eco dun documento que dibuxaba a liñas xeráis do futuro da mina.

O certo é que o documento non é oficial xa que non xurdiu da compañía. Lindeiros púxose en contacto coa asociación de mineiros que aseguran que “non temos nin idea de onde saliu, desconocemos ese proxecto”.

O dosier establece tres pasos a dar no futuro inmediato. Identificación dos problemas, búsqueda de solucións e finalmente presentar un novo proxecto ou presentar un recurso administrativo.

A vía do recurso podería estar vinculada a un argumento usado tanto no documento como ante os accionistas. Atalaya Mining destacouna Xunta Xeral de onte o feito de que a declaración negativa date de xaneiro do 2020 pero que se comunicara en marzo do 2021, un ano máis tarde. Algo que tamén se inclúe no dosier de xeito destacado.  

Economía

Atalaya Mining si se preocupou de tranquilizar aos accionistas sobre os riscos económicos. A compañía mantén un litixio cos anteriores propietarios, o grupo Astor con sede en Chicago, e no pasado mes de marzo anunciaba un pago de 53 millóns de euros grazas a liñas de crédito non garantidas suscritas con catro grandes bancos nacionais.

O problema non remata co pago da chamada “contraprestación diferida” xa que está pendente de resolver que se considera “exceso de efectivo”, algo que se dirimirá nun novo xuízo, según a compañía, o 21 de febreiro do ano que ven.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial