займ срочно

O Ateneo organiza esta tarde un debate entre os candidatos a Reitor da USC

0

Compostela, 7 de abril do 2018 – O Ateneo de Santiago celebrará na tarde do luns unha nova sesión de Os Luns do Ateneo, onde os candidatos ao Reitorado da Universidade de Santiago manterán un debate centrado no tema “Universidade e cidade”.

Antonio López Díaz, Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, e Juan Viaño Rey, Catedrático de Matemática Aplicada, presentarán as súas propostas sobre as relacións da Universidade coa cidade e a cidadanía, nun acto que estará moderado polo economista e Secretario do Ateneo Francisco Candela e que conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela. O debate comezará ás 20.00 horas na sede de Afundación, situado na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, onde se permitirá a entrada libre e gratuíta ata completar o aforo dispoñible, e rematará cunha quenda de preguntas e suxestións por parte do público asistente.

Imaxe do debate celebrado, entre os mesmos candidatos, hai catro anos

Antonio López Díaz xa formou parte da equipa reitoral de Darío Villanueva entre 1998 e 2002, ocupándose das áreas de infraestruturas e coordinación do campus de Santiago. Entre 2005 e 2008 foi Decano da Facultade de Dereito e entre 2007 e 2010 presidiu a Consellería de Contas do Parlamento de Galicia. Pola súa banda, Juan Viaño Rey é o actual Reitor da USC dende 2014, ano en que sucedeu a Juan Casares Long. Entre 2001 e 2009 foi Decano da Facultade de Matemáticas e entre 2002 e 2010 formou parte da equipa de Senén Barro como vicerreitor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies