займ срочно

O Ateneo denuncia a desaparición dunha placa modernista na casa natal do maestro Chané

0
imaxen do maestro chané

Co mestre Chané na casa de Francisco Tettamancy en 1912. De pé: Bernardino Álvarez, Robustiano Faginas, Francisco Tettamancy, Modesto Garrido e Florencio Vaamonde. Sentados: Bernardo Faginas, Alejandro Barreiro, Chané, Manuel Murguía e Uxío Carré Aldao. No chan: Emilio, fillo de Chané.

Santiago de Compostela, 2 de decembro do 2016 – O Ateneo de Santiago denuncia a estraña desaparición da histórica placa modernista que sinalaba a casa natal do Maestro Chané na compostelá ruela de Pitelos.

Fai 97 anos, en 1919, a cidade de Santiago rendeu homenaxe a José Castro González, máis coñecido polo sobrenome de Maestro Chané. Para elo o concello e a intelectualidade galega encargaron unha placa que foi realizada por un xovencísimo Santiago Bonome que, anos máis tarde triunfaría en París. A placa, realizada en mármore de varias tonalidades, de corte modernista, foi o único recordo de Compostela a un dos seus fillos ilustres, con rúas e monumento en A Coruña e en Vigo. Ata hai unhas semanas, en que desapareceu misteriosamente, a fermosa placa estivo adosada á fachada dunha casa en ruinas, situada na Ruela de Pitelos, o mesmo lugar no que vai facer cen anos, o 18 de xaneiro de 1856 nacía o ilustre músico que faleceu na Habana o 27 de xaneiro de 1917.

placa desaparecida según a denuncia do AteneoA retirada da valiosa placa, propiedade do pobo de Santiago, coincidiu cunhas obras de tapiado das portas e ventás da citada casa en ruínas.

Chané foi un virtuoso da guitarra e da cítara. Compositor, catedrático de Belas Artes na Coruña, foi director do Orfeón Coruñés e da Polifónica El Eco, ata que en 1893, ao suprimirse a súa cátedra, emigrou a Cuba onde finou e fixo as súas grandes composicións corais, como “Unha noite na eira do trigo”, “Un adiós a Mariquiña”, entre as máis populares. En 1907 ingresou como membro da Real Academia Galega, nun acto multitudinario. Regresou a Cuba onde morreu en 1917, sendo soterrado no cemiterio de San Amaro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies