Auga estancada en Compostela

0

Compostela, 27 de xaneiro do 2022 – A xestión da auga segue estancada en Compostela aínda que o goberno municipal segue dando pasos cara unha privatización.

A oposición non desiste de participar na toma de decisións na xestión do ciclio integral da auga. Despois de forzar un pleno extraordinario, que só serviu para reforzar posturas, hoxe leva a pleno unha moción no mesmo sentido.

O máis rechamante da situación é que en realidade Partido Popular e Psoe están a favor da privatización polo que hai unha maioría política que aposta por esa fórmula. As diferenzas están na actitude do goberno e na transparencia do proceso.

A moción conxunta de PP, Compostela Aberta e BNG sen embargo entra de cheo na cuestión de a quen corresponde tomar a decisión. PP, Compostela Aberta e BNG lembran que o artigo 123 da Lei de Bases de Réxime Local sinala claramente que lle corresponde ao Pleno “a determinación das formas de xestión dos servizos”.

A oposición argumenta de este xeito que “só no caso de que a forma de xestión escollida fose a indirecta, a competencia corresponderíalle á Xunta de Goberno Local”. Na moción, os tres grupos da oposición advirten que “a preferencia escollida no seu día polo Concello en favor dunha xestión indirecta, non pode entenderse petrificada ou amparada”.

A cuestión que queda por dilucidar e si este argumento pode frear ao goberno municipal no camiño emprendido ou se, de non facelo, a adxudicación podería ser recorrida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies