“Auga, o sangue da terra” en Vedra ata o mes de xuño

0

Vedra, 13 de maio do 2021 – A pasada semana inaugurouse na Casa das Artes de Vedra a exposición fotográfica “Auga, o sangue da terra” que estará aberta ata o mes de xuño.

A exposición de Vedra recolle o traballo do fotógrafo Manuel Valcarcel.  A proposta é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Unha iniciativa de Afundación, área cultura del Abanca.

Na inauguración participaron estiveron Carlos Martínez Carrillo, alcalde do Concello de Vedra; Diana Varela Barreiro, concelleira de Cultura do Concello de Vedra; Ana Salgado, coordinadora Afundación Zona Santiago; Alberto Varela Reiriz, director de Zona ABANCA; e Eduardo Santiago Mata Hermida, director de oficina ABANCA.

A exposición

“Auga. O sangue da terra” realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan remotos como Nova Celandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a conca do lucense río Lor foron fotografados por Manuel Valcárcel e recollidos neste proxecto expositivo que ten como obxectivo valorar a auga como elemento vital e amosar como inflúe a presenza ou ausencia de auga nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas.

As imaxes están distribuídas en tres bloques. O primeiro, «Os estados da auga», recolle fotografías tomadas en Nova Celandia e Galicia, co río Lor como protagonista, que plasman o paso da auga en estado sólido ao líquido e, ao mesmo tempo, os engarces entre a montaña e o mar.

«A auga e a vida» conforma o segundo bloque con imaxes de dous lugares do continente asiático. Un deles é Varanasi, na India, por onde pasa o río Ganges, que é parte da vida espiritual dos hindús e é destino sacro de peregrinación. O segundo lugar é Longshen Guilin, na China, onde o manexo da auga por parte do ser humano determinou a paisaxe. As ladeiras reconstruíronse con terrazas nas que se cultiva o arroz.

«Vivindo na escaseza» é o último bloque que trata sobre a escaseza e ausencia de auga. Inclúe imaxes de Malí e os seus pescadores bozo, quen, aproveitando a época seca, recollen todo o peixe que poden no río Níxer para despois vendelo. A escaseza de auga tamén se ilustra con imaxes do deserto de Atacama, onde a seca deu lugar a unha paisaxe lunar.

A mostra, de entrada libre e gratuíta, permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 5 de xuño, os luns, mércores e venres de 16.00 a 20.00 h, e sábados de 11.00 a 13.00 h. No acto de inauguración de hoxe

As imaxes da mostra están dispoñibles na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/drive/folders/1GKSIVPTAdnEGCxAX-m2bsruul8a-Mg2l?usp=sharing

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial