Augas de Galicia autoriza o desvío de regatos na mina de Touro

0

Touro, 3 de decembro do 2020 – A Asociación Ecoloxista Galega, ADEGA, e a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa, PDRA, veñen de presentar recurso de alzada contra a autorización á mineira de Touro para o desvío de 3 regatos.

Augas de Galicia é o organismo que autorizou o transvase temporal das augas de tres regos da contorna da mina con destino á balsa de Vieiro. Según explican desde ADEGA e PDRA o proxecto presentado supón o supón o desvío temporal, por uns 6 meses, das augas contaminadas destes regos (Felisa, Portapego e Angumil).

Máis tempo para a empresa

A mina de Touro está xestionada por Explotaciones Gallegas SL. Según Augas de Galicia a autorización ten como obxectivo dar máis tempo á empresa para para redactar un proxecto definitivo de tratamento das augas contaminadas da mina.

Os ecoloxistas consideran este argumento “un insulto” xa que a empresa “dispuxo de máis de 30 anos para solucionar os pasivos ambientais da mina e eliminar as continuas verteduras de augas contaminadas dende o complexo mineiro á bacía do Ulla e á ría de Arousa”.

Engaden que “a administración tivo ese mesmo tempo para esixir da empresa unha correcta restauración dos labores mineiros abandonados, cuxas balsas e entulleiras non deixaron en ningún momento de verter augas ácidas”.

Mover a contaminación

ADEGA e PDRA consideran o proxecto un “delirio” porque consiste en “transvasar augas de tres regos contaminados a unha balsa mineira cunha limitada capacidade e que, por riba, presenta numerosas filtracións ao dominio público. Trátase de mover a contaminación de sitio durante un tempo agochándoa baixo unha alfombra (a balsa) chea de buracos…”.

Presuntas ilegalidades

O proxecto, según as organizacións alegantes, podería incorrer en presuntas ilegalidades xa que na práctica trátase de “unha dilución da contaminación disfrazada de transvase” cuestión expresamente prohibida pola Lei de Augas galega.

Os ecoloxistas fan fincapé nas incertezas do proxecto xa que non se sabe cal será o destino das augas contaminadas unha vez remate o prazo. ADEGA e a PDRA consideran que se debería obrigar á concesionaria a presentar, con carácter previo a calquera autorización, o proxecto definitivo para o tratamento dos efluentes mineiros “Despois de 30 anos de incumprimentos e millóns de toneladas de contaminantes vertidos impunemente ao dominio público, non pode haber lugar para máis compoñendas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial