займ срочно

O baile tradicional para difundir o Camiño

0

Bisbarra, 10 de febreiro do 2022 – Pesdelán presenta Bailando o Camiño, unha iniciativa que difunde a riqueza cultural da ruta e a divulgar o seu patrimonio inmaterial.

Coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, Pesdelán mostrou este conxunto de audiovisuais que recollen tres danzas típicas da ruta do Camiño Vasco Interior: o txulalai, o galandún e carballesa.

Acompañado de Montse Rivera, compoñente de Pesdelán, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade incidiu en que este é un material didáctico en galego que resultará útil nas escolas e tamén “unha proposta divertida para pasalo ben en familia usando a lingua propia de Galicia”. O secretario xeral explicou que se basea na música tradicional, “unha música que, como agora está descubrindo a nosa mocidade, non é cousa do pasado, senón que se adapta e se reinventa no presente e cara ao futuro”.

 

Ensinar e interpretar os bailes do Camiño

Cada un dos tres audiovisuais que compoñen Bailando o Camiño está dividido en dúas partes. Na primeira, Mercedes Prieto e Montse Rivera presentan un baile típico de tres lugares polos que transita o Camiño Vasco Interior:  o txulalai, de Euskadi; o galandún, de Castela, e a carballesa, de Galicia.

Na segunda parte, os membros de Pesdelán, xunto cun grupo de bailadores, interpretan o respectivo baile ao ritmo da música que executan Rubén Montes, Roberto Grandal, Belém Tajes e Xiao Berlai.

Os audiovisuais, de menos de 10 minutos de duración e gravados entre Sobrado dos Monxes e o Museo do Pobo Galego, están dispoñibles desde no Portal da Lingua Galega e na canle de YouTube da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies