A Banda de Música de Visantoña celebra o 140 aniversario

0

Santiso, 4 de xuño do 2017 – O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da institución provincial, Goretti Sanmartín, participaron esta en Santiso nos acto de conmemoración do 140 aniversario da Banda de Música de Visantoña.

Acompañados do alcalde da localidade, Manuel Adán, visitaron a exposición instalada na antiga Casa do Concello de Santiso, na que se mostra mediante fotografías, documentos e partituras a centenaria traxectoria histórica desta formación musical, unha das máis antigas de Galicia, e asistiron a un concerto aberto a toda a veciñanza para celebrar 14 décadas de historia.

González Formoso destacou a “longa tradición” da banda de Visantoña, e felicitou aos seus integrantes “por manter vivo un importante legado musical e cultural que iniciaron os vosos avós e que hoxe se mantén grazas á ilusión das novas xeracións”.

Pola súa banda, a vicepresidenta Goretti Sanmartín gabou tamén o traballo realizado por diferentes xeracións de veciños de Santiso para que a Banda de Música de Visantoña “siga sendo hoxe un referente na provincia” e desexou que a formación cumpra outros 100 anos levando a súa música a todos os recunchos da Coruña.

A banda de Música de Visantoña formouse no ano 1877 baixo o mecenado do dono do Pazo de Vilar de Ferreiros. Dende entón, centos de veciños da localidade e dos concellos veciños formáronse musicalmente nas súas filas e na escola de música da localidade. Actualmente a banda, que conta co apoio económico da Deputación a través das liñas de subvencións a entidades culturais e de iniciativas como a Rede Cultural, está integrada por 40 músicos e ten unha importante demanda de actuacións nos concellos galegos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial