Reclaman solucións para o centro médico da Baña

0

A Baña, 5 de xaneiro do 2022 – O Psoe da Baña ven de presentar un escrito no concello para que se reclame do SERGAS unha solución ao colapso do centro médico.

O voceiro socialista, José Antonio Pereira, explica no documento que o número de casos diagnosticados por PDIA no Concello é de 44, número moi superior a calquera momento desta pandemia. Engade que este casos sumados ás consultas habituais do centro médico, fan que o centro de saúde, atópese saturado, e que os profesionais que alí traballan se vexan “desbordados nunha situación sen precedentes”.

A situación e crítica xa que como expón no escrito “a día de hoxe dos 3 médicos de familia que consultan de maneira habitual, un está de vacacións e outro se atopa de baixa e como reforzo só está vindo un médico 2 horas  ó día”. O resultado é o colapso do centro médico.

Pereira acusa ao equipo de goberno de “falta de interese” e reclama que se pida “aos responsables do Sergas en Santiago, D. Felipe Calle, director de Atención Primaria, e Dª Eloína Núñez, xerente da área sanitaria de Santiago, o reforzo inmediato do cadro de persoal médico do centro de saúde”. Engade ás demandas “que se cubran as baixas ó 100% así como o persoal que está de vacacións, co fin de solucionar o colapso do centro de saúde da Baña”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial