Benedita Elisa, buscando a cociña diferente

0

Cando hai unhas semanas visitábamos A Vaquiña un dos seus socios recomendábanos pasar polo Benedita Elisa e alí acudimos.

Na Praza do Matadoiro de Santiago, en pleno centro das tendencias gastronómicas máis punteras da cidade, Jordi e Carlos abriron este local hai dous anos. Tras un pandémico 2020 recuperan o ritmo pouco a pouco.

Os dous socios coñecéronse estudando na Barcia. Jordi chegou despois de valorar distintas escolas de toda España e Carlos despois de pasar por Lamas de Abade. Tanto o Instituto de Lamas como a Escola Superior de Hostalería son dous representantes do nivel de formación que hai en Compostela en ocasións pouco valorado

Desde o primeiro momento que decidiron unirse en esta aventura os dous tiñan claro a búsqueda da diferencia. Como outros locais xa visitando por Lindeiros como a Nave 5 ou A Viaxe o produto é sempre en esa búsqueda unha prioridade

Como mostra de esa búsqueda é un dos platos nos que traballan nos últimos tempos, a papada do atún roxo

O local merece por si só a visita. Unha casa en dúas plantas que ofrece, tras a reforma rincóns acolledores nos que sentarse a comer e conversar

Pero o máis importante son eles dous sen duda. Teñen moi claro o que fan e esa seguridade lévaos a mostrar os seus pratos aos clientes ata o extremo

Benedita Elisa, Carlos e Jordi, representan a investigación na cociña. Ao carón de locais que amosan a experiencia propia na súa carta, eles apostan por buscar novos produtos e nova oferta que os distinga. Complementan un ecosistema que, coa volta paulatina á normalidade, segue a converter a Compostela nunha referencia gastronómica.

Podedes escoitar a entrevista completa no noso podcast. Apoiade a Lindeiros para que sigamos contando historias coma esta. Este e outros moitos contidos no seguinte enlace https://buff.ly/3wfj6Wk

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial