O Bertamiráns C.F. recibe 15.000 € da Deputación

0

Ames, 8 de abril do 2017 – O deputado responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, José García Liñares, e o presidente do Bertamiráns C.F. , Rafael José Budiño Rey, asinaron un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial achegará 15.000 euros para apoiar a este club na súa actividade deportiva.

García Liñares destacou a longa traxectoria deportiva do Bertamiráns C.F. , fundado en 1933 e que milita actualmente na División Preferente Autonómica Norte; así como a importancia da súa canteira, xa que uns 400 nenos e mozos xogan nas diferentes categorías de fútbol base coas que conta o equipo amiense.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial