Biomasa para os Centros Sociais Parroquiais de Melide

0

Melide, 2 de xuño do 2021 –  O Concello de Melide vén de rematar de instalar caldeiras de biomasa nos Centros Sociais Parroquiais.

O obxectivo do goberno de Melide é favorecer a realización de actividades no seu interior durante o outono e inverno.

Caldera de biomasaSantaia de Agrón, Baltar, Campos, Folladela, Furelos, A Garea, Golán, Maceda, Moldes, Orois, Piñor, San Martiño das Varelas, Xubial, San Salvador e o Meire son os centros sociais que contan con este novo servizo.

As actuacións subvencionadas polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), e confinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, supoñen un investimento total de 47900,02€.

Biomasa

Unha caldeira biomasa é un sistema de calefacción eficiente que ten ademais a capacidade de producir auga quente sanitaria. Cando as caldeiras de biomasa teñen unicamente a opción de quentar o ambiente reciben tamén o nome de estufas de biomasa.

As caldeiras de biomasa utilizan como fonte de enerxía combustibles naturais como materiais de calefacción un exemplo son os pellets de madeira, ósos de oliva, residuos forestais, cascas de froitos secos, etc. … É por iso que estas caldeiras están consideradas as máis ecolóxicas do mercado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial