As sancións por non respectar as normas poden chegar aos 30.000 euros

0

Bisbarra. 30 de marzo do 2020 –  O Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, advertiu sobre as 82 persoas detidas na Comunidade por incumprir as normas do estado de alarma e detallou que algunhas destas persoas xa ingresaron en prisión ou foron condenadas a penas de cárcere.

Javier Losada explicou que ata esta fin de semana a Policía Nacional, a Garda Civil e as policías locais das sete principais cidades galegas sumaron 8482 propostas de sanción. Estas son resoltas en cada caso con multas que oscilan entre os 601 e os 30.001 euros. Nos casos de persoas reincidentes as sancións aumentan de grao e parten de 10.400 euros.

As sancións or non respectar as normas poden chegar aos 30.000 euros

A Policía Nacional propuxo sancións para 3.663 persoas, con 47 detencións; a Garda Civil a 3.466, con 7 detencións, e as policías locais a 1.353, con 28 detencións.

Entre as persoas detidas, distintos xulgados galegos xa ditaron os primeiros autos ou sentenzas, que recolleron desde o ingreso en prisión de forma provisional ou condenas con penas de cárcere.

As sancións or non respectar as normas poden chegar aos 30.000 eurosCon todo, o delegado do Goberno incidiu en que o respecto á normativa é maioritario e espera que continúe así. Agradece á poboación o seguimento das normas e lembra que a única maneira de frear o virus é quedarse na casa. Nese sentido, incide en que é fundamental protexer a quen se está xogando a vida: o persoal sanitario, as forzas de seguridade e as persoas que traballan en servizos esenciais como alimentación ou transportes

A pesar do respecto maioritario, para evitar contacto non desexados na fin de semana volveron a reforzar os controis para evitar os desprazamentos a segundas vivendas ou zonas de lecer. Nese sentido, Javier Losada detallou que no que vai de estado de alarma xa foron interceptados máis de 1.100 vehículos que infrinxían a normativa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial