займ срочно

8 de marzo, o Día Internacional da muller na bisbarra

0

Bisbarra, 8 de marzo do 2022 – A bisbarra énchese de actos e actividades polo Día Internacional da Muller que se celebra hoxe 8 de marzo.

Algunhas das actividades fómolas avanzando e as tedes no seguinte enlace . Outras moitas que conmemoran o Día da Muller teñen lugar ao longo de todo o mes. E no día de hoxe tedes concentracións e actos como os que seguen

Unha manifestación partirá as sete da tarde desde a Praza 8 de Marzo en Compostela. En ela estarán autoridades e representantes de distintas institucións e organizacións pero sobre todo estarán as mulleres.

A Baña celebrará o Día Internacional da Muller cunha lectura do manifesto do 8M ao mediodía na Praza do Concello, e cun acto o domingo 13 de marzo que consistirá nunhahomenaxe ás protagonistas da serie audiovisual ‘A Baña en feminino. Visibilizando a muller rural’ e a proxección da curtametraxe ‘As tres caídas de María Santiso’ cun posterior coloquio co elenco.

Ames organiza un acto institucional a partir das cinco e media e posteriormente, as seis, unha ruta guiada pola igualdade.

Brión realiza unha concentración as doce do mediodía para ler o manifesto do 8 de marzo e iluminará a casa do concello e da cultura.

Teo fará hoxe unha declaración institucional e reprograma para os próximos días o escape room que estaba previso para esta xornada e que leva por título “Elas”.

Oroso lerá o manifesto as doce do mediodía diante da casa do concello. No IES de Oroso terá lugar unha charla sobre As mulleres cargan co peso da pobreza.

Vedra as cinco e media da tarde realizará, na casa do concello, unha homenaxe a Iria de Asla Esteva que foi a primeira presidenta dunha asociación pola igualdade no concello

Frades as doce do mediodía , diante da Casa Consistorial en Cimadevila, dará lectura a o manifesto institucional por parte da concelleira de Benestar Social, Muller, Igualdade, Conciliación e Atención ao Menor, Ángeles Álvarez Carro.

A Pobra celebra unha marcha feminista que dará comezo ás 20.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán e percorrerá as rúas peonís ata chegar á casa consistorial, onde se procederá á lectura do manifesto que propón a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

 A CIG ten convocadas, con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, mobilizacións en 21 localidades para chamar a atención sobre a responsabilidade dos gobernos dos diferentes ámbitos na situación de desigualdade que seguimos padecendo as traballadoras en Galiza. En Compostela: ás 12 h marcha desde a praza Roxa e en Ribeira ás 11:30 h concentración na  praza Pablo Neruda.

Son unha escola xa que en todos os concellos este mes se celebran actos de todo tipo. Visibilizar a muller é o que corresponde non só en marzo, todo o ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies