Obradoiro de emprego para 20 persoas de Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra

0

Bisbarra, 11 de novembro do 2020 – A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de aprobar un obradoiro de emprego para os concellos de Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra.

Este obradoiro terá un investimento de 350.000 euros e permitirá a contratación de 20 persoas durante 9 meses. O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, explica que comezará  “a mediados do vindeiro mes de decembro. As especialidades nas que se formarán serán Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, e estarán divididos en dous grupos de 10 alumnos e alumnas”.

Máis da metade das actuacións previstas serán no concello de Boqueixón e servirán para a mellora na vexetación no Pico Sacro, no parque das escolas unitarias de Codeso e Sergude, no campo da festa de Loureda e na área recreativa de Orto, no aparcadoiro de Igrexa (na parroquia de Boqueixón). Tamén se inclúe o acondicionamento na fervenza, en Codeso, ademais de desbroces nos camiños de Noente a Ledesma, Pazos aLestedo, Castro a Oural, Santaia a Codeso e Santaia a Vigo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial